Entrada 38: O monstruo se ollos

A moza dos ollos escuros, unha moza especial, cunha esencia divina, pero cunha terrible maldición. Soña polas noites con monstros sen ollos, prodúcenlle un pánico atroz, espértase suorenta, co corazón desbocado, sen apenas poder respirar e tremendo como un coello asustado.
Foi unha mala noite, unha noite de pesadelos, como outras veces. Está no vestiario do ximnasio duchándose despois de clase de ximnasia, unha ducha conxunta onde coa súa amigas fala das odiosas fórmulas de interese simple, capitais equivalentes e vencimiento común, que teñen que estudar para o exame de tesourería de mañá. Mentres se seca, mírase no espello, mira os seus ollos, son escuros, uns ollos preciosos, pero ela preferíaos de cor esmeralda. É a última en vestirse, estivo pensativa, lembrando o último pesadelo, parecía tan real.
Está soa no vestiario, agarra a súa mochila para irse. E entón veo, diante dela, é un monstro sen ollos, como o dos seus pesadelos, pero ela está esperta agora. Un terrible berro ensordecedor soa no máis fondo do seu ser, pero as súas cordas vocais non emiten son algún. Está sumida polo terror, o pesadelo é real.
Corre co peito a piques de explotar. O monstro séguea, dá pequenos pasos, pero é tan rápido como ela. Non importa o rápido que corra, el sempre está xusto detrás. Sente o seu alento na caluga, un alento helador, pero que ao mesmo tempo queima coma se fose lume do mismísimo inferno. Emite pequenos gruñidos, como un can saído do averno. Lánzalle a mochila, pero o monstro esquívaa sen inmutarse. Mira cara atrás aterrada, tropeza e cae. Chora no chan mentres o monstro achégase inexorablemente. Non ten ollos, pero parece ver, fíxase nos ollos dela. Entón enténdeo, quere os seus ollos. De entre todas as mozas, quere os seus, o monstro sempre quere os máis bonitos, non se conforma con outros.
Detense ante ela, alonga a súa man, pero entón retíraa, coma se queimouse. Outra vez alóngaa e agora berra dolorido. Os ollos da moza empezan a brillar como unha estrela no firmamento. O monstro empeza a arder, en poucos segundos está envolvido en chamas e finalmente queda reducido a cinzas.
A moza dos ollos escuros, a través dos cales se pode ver a súa alma brillante. O monstro namorouse dos seus ollos, pero a luz que saíu a través deles desde a súa alma, consumiu a escuridade do monstro.
A moza levántase, xa non chora, xa nunca máis terá pesadelos. E xa nunca máis desexará ter ollos de cor esmeralda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario