Fai xa tres noites que Miguel estivo escoitando uns ruídos estraños no piso de abaixo. Estes escóitanse coma se alguén estivese a falar e rindo dunha forma, por dicilo dalgún modo: diabólica.
Pero isto é algo que non pode ser posible, posto que Miguel vive completamente só; ademais, no día non atopou ningún rastro de que a porta da entrada fose forzada.
Como era un covarde, Miguel aínda non se atreveu a baixar e ver en por si que ou quen facía tales ruídos polas noites.Pero hoxe, o mesmo insoportable medo que sente por mor deses sons macabros, incrementouse do mesmo xeito que estes últimos e por fin decídese a baixar pola escaleira en busca do descoñecido.
O que Miguel atopou despois de baixar o último chanzo, non foi outra cousa senón a súa propia perdición por mor duns aterradores e horribles seres de ultratumba, cuxa maldita risa demoníaca afogou os berros e os alaridos de Miguel aquela nefasta noite na que a súa débil alma foi levada ao inferno como debeu de ser tres noites antes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario